“AS PORTAS DO MILENIO”
EN AREA CENTRAL.
Santiago,
20 de Xaneiro de 2006. O mércores 25 de Xaneiro,
ás 12 da mañá, o alcalde de Santiago,
D. Xosé Sánchez Bugallo, inaugurará nas rúas
de Area Central a exposisición itinerante “AS PORTAS DO
MILENIO”, organizada en colaboración con UNICEF
,Cruz Vermella
e o Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago
de Compostela.
Trátase dunha mostra de arte de Lucas Cipelleti, constituida
por 16 esculturas que debuxan oito arcos. Cada escultura simboliza a
un neno con grandes pes ancorados nos problemas do mundo. Cada arco
representa o diálogo que xurde entre dous nenos, un orixinario
dun país rico e outro dun país pobre, e como consecuencia
desta interacción nace un Obxectivo do Milenio como solución
para erradicar a extrema pobreza e asegurar un mundo mellor para todos.
“AS PORTAS DO MILENIO” expuxéronse en diferentes
cidades de Italia. Na actualidade, están de xira por diferentes
cidades de España, poidendo visitala ata o sábado
día 18 de Febreiro en Area Central, en horario
de 10:00 a 22:00 horas.
Ademáis, durante todo este tempo, levaranse a cabo diferentes
actividades paralelas, que xunto ca exposición, terán
como obxectivo concienciar a toda a cidadanía en xeral, e moi
especialmente á poboación que descoñece a existencia
e o significado dos Obxectivos do Milenio de Naciones Unidas.
|