AREA CENTRAL ACOLLEU
O VII FORO DE ONGs
Santiago,
30 de Xaneiro de 2006. O pasado sábado día 28,
máis de vinte ONGs déronse cita en Area Central con motivo
do VII Foro de ONGs, organizado en colaboración co Departamento
de Educación e Mocidade do Concello de Santiago de Compostela,
xunto coa Coodinadora Galega de ONGs e outros colectivos. A xornada
comezou ca degustación dun chocolate solidario, no que colaboraron
a Asociación de Comercio Xusto e a Escola de Hostelería,
seguido dun concerto da Banda Municipal de Música de Santiago
de Compostela. O seu remate, a escritora Teresa Moure, autora da novela
Herba Moura, galardonada co último Premio Xerais, fixo a lectura
dun manifiesto. Ademáis, durante todo o día tiveron lugar
sesións de contacontos, obradoiros, proxección de documentais
e exposicións fotográficas.
|