idioma: |

AREA CENTRAL ACOLLE A EXPOSICIÓN “INDIXENAS NOS ANDES”

Santiago, 8 de Febreiro de 2006. . Dende o pasado venres día 3, pódese visitar en Area Central a exposición fotográfica “INDIXENAS NOS ANDES”, que o Centro Comercial acollerá ata o vindeiro luns día 13, en colaboración coa ONG “Solidariedade Internacional Galicia”.

A exposición, do fotógrafo de La Voz de Galicia Ramón Capotillo, que visitou coa ONG Solidariedade Internacional de Galicia fai uns meses as comunidades indíxenas do Perú e Bolivia, recolle a través de 18 fotografías e paneis de texto a realidade de miles de indíxenas aymaras e quechuas que viven en situación de extrema pobreza nestos países, onde representan o 80% da poboación.

area central centro comercial 2005