idioma: |

PRESENTACIÓN EN AREA CENTRAL DA CAMPAÑA “DEZ ANOS DE SOLIDARIDADE” EN COLABORACIÓN CO CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA (CTG)

Santiago, 9 de Febreiro de 2006. Hoxe, as 12:00 da mañá, no salón social de Area Central, tivo lugar a presentación en rolda de prensa da nova campaña para a captación de donantes de sangue “Dez anos de Solidaridade”, con motivo dos dez anos que Area Central leva colaborando co Centro de Transfusión de Galicia. Na mesma estiveron presentes D. Julio Flores Pérez, responsable de Promoción da Doazón de Sangue do Centro de Transfusión de Galicia, e D. Juan Carlos Losada , Xerente de Area Central.

Os días 10 e 11 de Febreiro, unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia situaráse na entrada Este do Centro Comercial, fronte a cabina de información, na escaleira de acceso a Alcampo.

Tódalas persoas interesadas en mostrala súa solidariedade, e contribuir a que con esta nova campaña o Centro de Transfusión aumente o número de doazóns de sangue necesarias para o imprescindible mantemento das reservas do seu banco, poderán facelo en Area Central, en horario de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas o venres día 10, e de 10:00 a 15:00 horas o sábado día 11.



area central centro comercial 2005