AREA CENTRAL ACADA 99
DOAZONS NA CAMPAÑA “DEZ ANOS DE SOLIDARIDADE”
Santiago,
13 de Febreiro de 2006. O Centro de Transfusión de Galicia
considera excelente o índice de participación dos vecinos
e veciñas de Santiago de Compostela na campaña “Dez
anos de solidaridade”, que se levou a cabo o pasado venres 10
e sábado 11, con motivo dos dez anos de colaboración de
Area Central co Centro de Transfusión de Galicia.
Das 99 doazóns rexistradas, un dato especialmente salientable
foron as 20 doazóns procedentes de cidadáns que efectuaban
unha doazón de sangue por primeira vez.
Dende o ano 1996, as unidades móbiles do Centro de Transfusión
de Galicia visitaron en 63 ocasións as instalacións de
Area Central, rexistrando no transcurso destes desprazamentos un total
de 2.886 doazóns de sangue.
Grazas a estas case 2.900 doazóns de sangue foi posible realizar,
por exemplo unhas 1.450 intervencións cirúrxicas ou 75
transplantes de fígado.
Area Central, xunto co Centro de Transfusión de Galicia, quere
agradecer a tódolos doantes a súa participación
nesta campaña.
|