idioma: |

A PALISTA OLIMPICA TERESA PORTELA VISITA A EXPOSICIÓN “AS PORTAS DO MILENIO”

Santiago, 17 de Febreiro de 2006. . Onte, as rúas de Area Central contaron ca presencia da palista olímpica e campeona do mundo de remo Teresa Portela, quen visitou a exposición “As Portas do Milenio”, acompañada por D. Andrés Fariña, Presidente de UNICEF, D. Fidel Martín, Coordinador de Cruz Vermella, así coma dos voluntarios de Cruz Vermella e UNICEF, responsables dende a súa inauguración, de explicar os escolares que visitaron a exposición a importancia dos Obxectivos que se amosan nela.

Asimesmo, o rematala visita, Teresa Portela subiu o primeiro andar do Centro Comercial, onde se lle amosou unha gran banda branca, formada por tódalas peticións que os escolares lles fan os gobernantes para que se leven a cabo os Obxetivos do Milenio, e na que ela mesma quixo deixar constancia tamén dos seus desexos para a consecución dos mesmos.


area central centro comercial 2005