![]() |
|
|
|
||||||||||||||||
CLAUSURA DA EXPOSICION “AS PORTAS DO MILENIO” EN AREA CENTRAL.Santiago, 17 de Febreiro de 2006. Hoxe tivo lugar a clausura da exposición “As Portas do Milenio”, que as rúas de Area Central acolleron dende o pasado día 25 de Xaneiro, en colaboración con UNICEF, Cruz Vermella e o Departamento de Educación e Mocidade de Santiago de Compostela. Na mesma estiveron presentes Dna Elvira Cienfuegos, Concelleira de Educación e Mocidade, D. Fidel Martín, Coordinador de Cruz Vermalla, Dna Estela Mouriño, Coordinadora de UNICEF, D. Juan Carlos Losada, Xerente de Area Central, así como Fran, ex-xogador do Deportivo da Coruña e os alumnos do colexio Monte dos Postes. Dende a súa inauguración, o pasado mes de Xaneiro, a exposición recibiu numerosas visitas de diferentes colexios e institutos, destacando ademáis as visitas da Directora Xeral de Cooperación, Dna Fabiola Sotelo e a da palista olímpica e campeona do mundo de remo, Teresa Portela. Como peche ás actividades que se desenvolveron de forma paralela
a esta exposición, mañán sábado día
18 terá lugar a celebración da Gran Gimkhana do Mundo
ás 17:00 horas, e a partires das 19:00 horas, disfrutaremos dunha
sesión de maxia da man do Mago Vituco.
|
|
|