idioma: |

BASES PARA A PROMOCION
“ENTROIDO DE AGASALLOS” RASCA E GAÑA
NO CENTRO COMERCIAL AREA CENTRAL

1.- Poderán participar tódalas persoas que realicen unha compra, en calquera dos establecementos do Centro Comercial Area Central que participen nesta promoción, durante os días 3 e 4 de Marzo (ata o esgotamento das tarxetas asinadas a cada comercio).

2.- Como máximo entregaráse 1 rifa por compra realizada.

3.- A promoción está suxeita ó reparto de 18.000 tarxetas tipo rasca e gaña entre tódolos establecementos do Centro Comercial Area Central que participen na promoción.

4.- En total repartiránse 100 premios de distinto valor ,a tarxeta/as gañadora/as unha vez rascada levará a palabra “PREMIO” .

5.- As tarxetas premiadas poderán canxearse polos regalos no stand que a tal efecto estará situado no Centro Comercial (esquina amarela) os días 3 e 4 de Marzo de 2.006, e a partires do dia 6 de Marzo nas oficiñas da xerencia, sendo requisito indispensábel o facilitar os datos persoais (nome e D.N.I.) para recoller o premio.

6.- En ningún momento os premios serán canxeables por cartos, caducando todalas tarxetas premiadas o 12 de Abril do 2.006.

7.- As bases do concurso están expostas na cabina de información do Centro Comercial e na web www.areacentral.es

8.- Os traballadores do Centro Comercial e dos establecementos que o integran non poderán participar nesta promoción.

9.- A Organización resérvase o dereito a solucionar calquera conflicto que poidera derivar da súa interpretación.

10.- A participación nesta promoción supón a aceptación implícita destas bases.


 

area central centro comercial 2005