idioma: |

AREA CENTRAL ACOLLE A EXPOSICIÓN “TAN CERCA, TAN LEJOS...AFRICA”

Santiago, 3 de Marzo de 2006. Dende onte, xoves día 2, pódese visitar en Area Central a exposición itinerante “TAN CERCA, TAN LEJOS...AFRICA”, que o Centro Comercial acollerá ata o vindeiro domingo día 12, en colaboración coa ONG “Jóvenes del Tercer Mundo”.

A exposición está formada por catro grandes paneis informativos, que presentan diversos aspectos da realidade africana: “facendo historia”,”pobos”, “linguas”, “infancia e educación”, “a muller africana”, “conflictos esquencidos”, “radiografía sanitaria”, “arte, música e festa” e “universo relixioso”. O que se pretende con esta campaña é sensibilizar á sociedade española coa realidade de Africa, continente que aínda que resulte paradoxal é o máis próximo á Península Ibérica e un gran descoñecido culturalmente.



area central centro comercial 2005