I FEIRA DO LIBRO INFANTIL
E XUVENIL GALEGO EN AREA CENTRAL
Santiago,
27 de Marzo de 2006. Area Central, en colaboración co
“Consorcio Editorial Galego” e as editoriais “Baía
Edicións”, “Sotelo Blanco” e “Edicións
A Nosa Terra” organiza nas súas instalacións a “I
Feira do Libro Infantil e Xuvenil Galego” que se celebrará
os vindeiros días 31 de Marzo, 1 e 2 de Abril.
Esta feira nace como consecuencia do compromiso permanente de Area
Central coa promoción da cultura e da lingua galega, posta xa
de manifesto en repetidas ocasións como por exemplo co agasallo
de libros de literatura infantil entre os cativos, a realización
de obradoiros de lectura, sesións de conta contos ou de obras
teatrais, ademáis da realización de outros eventos e accións
de carácter formativo.
Así dende o venres 31 de Marzo e ata o domingo 2 de Abril, as
persoas que se acheguen a Area Central poderán visitar dous grandes
stands de venda de libros pertencentes as editoriais “Baía
Edicións”, “Sotelo Blanco” e “Edicións
A Nosa Terra”, nos que terán a oportunidade de ver e mercar
as últimas novedades publicadas no sector adicado o libro infantil
e xuvenil galego.
O programa previsto para estes días será o seguinte:
Venres 31 de Marzo:
-12:00 horas: Apertura da feira, exposición e venda de libros.
-18:00 horas: Inauguración oficial da feira, á que asistirán
D. Néstor Rego, Concelleiro de Cultura do Concello de Santiago,
D. Juan Carlos Losada, Xerente de Area Central, así coma os representantes
das distintas editoriais.
-18:10 horas: Presentación dunha nova aventura dos Bolechas,
“Unha noite en Compostela”. De seguido Pepe Carreiro, autor
e ilustrador destos contos de A Nosa Terra, asinará libros e
fará un obradoiro de animación á ilustración.
-22:00 horas: Peche da xornada de feira.
Sábado 1 de Abril:
-10:00 horas: Apertura da feira, exposición e venda de libros.
-17:30 horas: Presentación da adaptación infantil do libro
de Baía Edicións, “Adiós ríos, adiós
fontes”, de Rosalía de Castro, ilustrado por Rodrigo Chao
Blanco.
-17:45 horas: Presentación da nova colección de Sotelo
Blanco Edicións, “Uxía e os pillabáns”,
escritos e ilustrados por Luís Ben.
-18:00 horas: Obradoiro infantil: Rodrigo Chao e Luís Ben farán
un obradoiro creativo de ilustración, para ensinarlle ós
rapaces como se crea un personaxe.
-19:00 horas: Contacontos: Anxo Fariña.
-22:00 horas: Peche da xornada de feira.
Domingo 2 de Abril:
-11:00 horas: Apertura da feira, exposición e venda de libros.
-17:00 horas: Contacontos e ludoteca
-20:00 horas: Clausura da I Feira do Libro Infantil e Xuvenil Galego.
|