idioma: |

AREA CENTRAL ACOGE UNA NUEVA JORNADA DE ARTES MARCIALES Y DEPORTES DE CONTACTO.

Santiago, 5 de Abril de 2006. .O vindeiro sábado día 8, Area Central, en colaboración co Ximnasio Esparta de Santiago de Compostela, acollerá unha nova XORNADA DE ARTES MARCIAIS, na que se ofrecerán clases demostrativas en directo e exhibicións de diversas disciplinas.

O programa da xornada comezará ás 11 da mañá, cunha serie de clases-demostración en directo de CAPOEIRA e VALE-TUDO, clases que impartirán monitores altamente cualificados, e que se simultanearán ata as 14:00 horas no escenario principal do Centro Comercial.

De seguido, dende as 6 da tarde, tamén no escenario principal do Centro Comercial, realizaranse sucesivas exhibicións das máis dispares artes marciais (WUSHU, TAICHI MARCIAL, KATAS MUSICAIS, TAEKWONDO IFT,...), que levarán a cabo destacados deportistas do propio Ximnasio Esparta, do Ximnasio Arume (Milladoiro), da Sociedade Cultural Recreativa Deportiva Liceo de Noia, do Grupo Nagö-Santiago e do Club Independiente de Lucha Libre-Vigo.

Ademáis contarase coa presencia de nomes de primeira liña nas distintas disciplinas, entre os que cabe destacar, entre outros moitos, a FRANCISCO DOMÍNGUEZ, campeón do “Torneo Internacional de Artes Marciales French Open 3 de París 2004” na modalidade de Kobudo Xaponés, 2º en Formas Creativas con e sen armas, 2º en Kata Tradicional por equipos, 3º en Kata Xaponés, e finalista para participar na prestixiosa “Noche de los Campeones”, que se celebra en EE.UU.; NATALIA GOMEZ, cinto negro 3º Dan de Judo, mestra entrenadora nacional, sete veces Campeona Galega en distintas categorías, e subcampeona de España Junior de 1991; a MARIBEL RODRÍGUEZ PERDIZ, cinto negro de Wushu/Taichi, instruida na Universidade de Beijing, e discípula do Maestro Pedro Valencia, único occidental discípulo directo da linaxe de transmisión do Tai Chi Chuam estilo Chen e Chiaopao; JOSÉ ANTELO, instructor de defensa policial e de rúa de Taisindo, cinto negro 1ºDan de Kick-Boxing; ou ANTONIO BLANCO, cinto negro 4ºDan de Taekwondo Tradicional, campeón galego de España de 1991 a 1997, subcampeón europeo nos anos 1993,1994 e 1997, e bronce no Mundial de 1997; os que compartirán escenario con outros moitos deportistas galegos do máis alto nivel, cunha espectacularidade que non deixará indiferentes nin a curiosos nin a iniciados nestes deportes

area central centro comercial 2005