BASES PARA ENQUISA VIA
SMS
Primeira.- A enquisa será anunciada
aos participantes a través de diferentes medios de comunicación
do Grupo CORREO GALLEGO. Aquelas persoas que desexen participar e entrar
no sorteo terán unha participación vía SMS: Deberán
enviar o alias AREA ao 7227. ou a palabra CORREO ao 7227 e responder
a pregunta sinalando algunha das tres opcións (a – b –
c).
O custo da mensaxe será de 0,9 euros (IVE non incluído).
Segunda.- Poderán participar neste sorteo todas
aquelas persoas físicas que non teñan relación
directa coa Fundación Compostela Deporte.
Terceira.- Forma de participar e obtención
dos premios:
Farase respondendo ás preguntas que aparezan non CORREO GALEGO
en torno a unha temática determinada
Os participantes entrarán nun sorteo semanal de agasallos das
empresas colaboradoras que se entregarán ao final da campaña
obxecto da enquisa.
Vía SMS: Os participantes deberán enviar desde o seu
teléfono móbil a palabra AREA ou a palabra CORREO, “espacio”,
“resposta a-b-c” segundo a enquisa ao 7227.
Pódese participar enviando un ou mais mensaxes.
Cada participante será incluído nunha base de datos co
número de teléfono móbil co que enviou as mensaxes.
Para participar no sorteo unicamente se esixirá un número
de teléfono móbil.
De entre todas as mensaxes recibidas extraeranse quatro gañadores
semanais da enquisa-sorteo.
O ganador será avisado pola empresa organizadora mediante unha
chamada telefónica ao número de móbil a través
do cal participen.
A aceptación do premio, autoriza a facer uso da imaxe do gañador
para facelo público nos medios de comunicación que estime
a empresa que organiza o concurso-sorteo.
Cuarta.- Premios:
Sortearase entre todos os participantes agasallos ofrecidos polas empresas:
CENTRO DEPORTIVO
TELERED-MOVISTAR
LA BOLERA
CINESA
ALCAMPO
MC´DONALDS
Quinta.- Duración da enquisa e data prevista
para o sorteo.
A enquisa iniciarase o día 24/04/06 e terminará o 24/05/06.
A data de celebración do sorteo serán os días,
01/05/06, 08/05/06, 15/05/06 e 22/05/06.
Os gañadores comunicaranse nos medios participantes, na semana
seguinte a do sorteo.
Sexta.- O Ámbito da enquisa será España
Sétima.- O organizador resérvase o dereito
a efectuar calquera cambio nas bases da promoción así
como suspender ou ampliar a mesma no momento que o considere oportuno
por causa xustificada.
Oitava.- A participación nesta enquisa supón:
1. A plena aceptación das presentes bases. Ante posíbeis
dúbidas na interpretación das mesmas sempre prevalecerá
o criterio do organizador.
2.A renuncia expresa ao foro que puidese corresponderlle, aceptando
os xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela como os competentes
para dilucidar calquera reclamación.
Novena.- O premio non poderá trocarse polo seu
importe en metálico.
Décima.- A empresa organizadora resérvase
expresamente o dereito a modificar o premio indicado por outro de igual
valor.
Décimo-primeira.- A base de datos xerada con
esta promoción almacenarase nun arquivo propiedade de Fundación
Compostela Deporte para ser utilizada en futuras promociones e/ou comunicacións.
Se non desexa recibilas ou desexa rectificar ou anular os seus datos,
diríxase á: Fundación Compostela Deporte. Estadio
de San Lázaro, porta 16. 15703 Santiago de Compostela
Décimo-segunda.- A FUNDACIÓN COMPOSTELA
DEPORTE non se fai responsábel de calquera dano ou prexuízo
derivado da participación dos usuarios na enquisa-sorteo ou da
falta de disponibilidade do mesmo debido a problemas de carácter
técnico non imputábeis á FUNDACIÓN COMPOSTELA
DEPORTE.
|