idioma: |

AREA CENTRAL ACOLLE A PRIMEIRA DAS SEMIFINAIS DA “COPA 40 PRINCIPALES MUNDIAL 06”.

Santiago, 5 de maio de 2006.O vindeiro venres día 12 de Maio, Area Central en colaboración coa Cadena SER-40 Principales, acollerá a partir das 4 da tarde, a primeira das semifinais da “Copa 40 Principales Mundial 06”.

Santiago de Compostela, Madrid, Barcelona, Sevilla, Valencia e Bilbao foron as cidades elexidas para disputar o campeonato do videoxogo de fútbol máis importante do momento, coñecido como “La Copa Mundial de la Fifa 2006”(versión xbox 360). O gañador nesta semifinal, ademáis de viaxar a Madrid para enfrentarse na final nacional ó resto dos gañadores das outras semifinais, acadará como agasallo unha videoconsola XBOX 360 core system, unha tarxeta de memoria, un lote de videoxogos e unha equipación da Selección Española de Fútbol.

A inscripción para este campeonato é gratuita e ten que formalizarse nos estudios da emisora patrocinadora en Santiago, na rúa San Pedro de Mezonzo.

 

area central centro comercial 2006