idioma: |

AREA CENTRAL ACOLLE A “II EXPOSICION DE BONSAI E SUISEKI CIDADE DE SANTIAGO”

Santiago, 16 de maio de 2006. O vindeiro fin de semana, 20 e 21 de Maio, as rúas de Area Central acollerán a “II Exposición de Bonsái e Siuseki Cidade de Santiago”, organizada en colaboración coa Asociación Cultural Bonsái Coruña.

En horario de 10:00 a 21:00 horas os visitantes do Centro Comercial poderán admirar os traballos realizados polos integrantes desta asociación, que este ano queren adicar a exposición a honrar a memoria do recentemente falecido mestre Carlos Barreiro.

Carlos Barreiro nace en A Coruña, iniciándose no bonsái a finais dos anos 60, cando todavía esta arte era prácticamente descoñecida na maior parte do país, entrando en contacto con grandes mestres tanto europeos como xaponeses, tales como Kevin Wilson, Peter Adans, Terakawa ou Kimura entre outros. Pronto se consagra como un grande mestre e realiza numerosas exposicións en A Coruña, facéndose cargo tamén da parte concerniente ó bonsái no programa “Senda Verde” da TVG. Asimesmo, publicou diversos artigos en revistas especializadas en bonsáis. Por xentileza da súa familia, a exposición contará coa presencia dalgunha das súas obras.

O programa de actividades será o seguinte:

Sábado 20 de Maio

10:00 – 10:15 horas: Inauguración da exposición. Ofrenda floral na memoria de Carlos Barreiro.
10:15 – 10:45 horas: Visita guiada e comentada para os medios.
11:00 – 13:30 horas: Obradoiro de Ikebana o cargo de membros da Asociación Cultural Bonsái Coruña.
17:00 – 20:00 horas: Demostración de formación dun bonsái o cargo de Juan Liñares.
21:00 horas: Peche da exposición.

Domingo 21 de Maio

10:00 horas: Apertura da exposición
17:00 – 20:00 horas: Demostración de formación dun bonsái o cargo de membros da Asociación.
21:00 horas: Clausura da exposición.

Ademáis, durante os días que dure a exposición os membros da Asociación atenderán as consultas de tódolos aficionados a esta arte, así coma os que o desexen, poderán traer o seu bonsái para un asesoramento pormenorizado.

area central centro comercial 2006