O VICEPRESIDENTE DA XUNTA
VISITA AREA CENTRAL
Santiago,
23 de maio de 2006. . Na mañán de hoxe, as rúas
de Area Central recibiron a visita do Vicepresidente da Xunta, D. Anxo
Quintana, con motivo da inauguración da exposición “Podemos.
Queremos. Corresponsabilidade: responsabilidades compartidas”,
coa que a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar comeza unha campaña
de concienciación sobre a corresponsabilidade, no marco da conciliación
da vida profesional e familiar dos traballadores e traballadoras, tendo
presente que esta conciliación é unha tarefa de homes
e mulleres porque propicia un aumento na calidade de vida de todos e
todas.
|