AREA CENTRAL ORGANIZARÁ
AS FESTAS SAN ANTON DE FONTIÑAS
Santiago,
3 de Xuño de 2006 . Despois dun ano sen celebración
das Festas de San Antón de Fontiñas, Area Central retomará
o testigo co fin de evitar a perda de tan entrañables festexos.
Area Central quere aproveitar para invitar a tódolos composteláns
e en especial desexarlle a tódolos veciños de Fontiñas
unhas felices festas.
O programa de actividades será o seguinte:
Sábado 10 de Xuño
10:00 horas: Exposición de pintura. Traballos feitos polos alumnos
da Asociación de Veciños “As Fontes”. Ata
o mércores día 14 de Xuño.
10:00 horas: Comezo do IV Torneo Fontiñas-San Antón de
Fútbol Sala, que terá lugar o longo de toda a xornada
no pavillón do IES Fontiñas (antigo FP)
14:30 horas: Sesión vermú amenizada pola orquestra Bruma
de Vigo, na Praza Europa.
20:00 horas: Actuación da Asociación Sociocultural Alfaia.
21:00 horas: Elaboración e degustación dunha paella xigante
na Praza Europa, elaborada polo prestixioso chef Miguel González
Aguiar do Restaurante Algueirada de Santa Lucía.
22:00 horas: Gran verbena musical coa actuación da orquestra
Bruma de Vigo, na Praza Europa.
Domingo 11 de Xuño
11:00 a 14:00 horas: Sala de Recreativos Ermasa, videoxogos gratuitos.
11:30 horas: Procesión do Rosario de San Antón, dende
o edificio da Cruz Vermella ata a Igrexa Parroquial. A continuación
Misa Solemne en honor ó Santo, oficiada polo párroco D.
Ricardo Viqueira.
13:30 horas: Actuación do Grupo de Gaitas de Conxo.
20:00 horas: Final do IV Torneo Fontiñas San Antón de
Fútbol Sala “Trofeo Area Central”, no pavillón
do IES Fontiñas (antigo FP).
|