TEATRO INFANTIL EN AREA
CENTRAL PARA DESPEDIR O CURSO
Santiago,
12 de Xuño de 2006 . O vindeiro sábado día
17 de Xuño, a partires das 7:00 da tarde, Area Central despide
o curso escolar cunha tarde de teatro infantil da man de Ciencia Divertida,
que presentará o seu espectáculo “O náufrago”.
Uns científicos chiflados chegan a Area Central despois de sair
dunha illa onde naufragaron, para contarnos a súa vida nela,
repleta de desafíos e perigos que superaron cos seus increíbles,
espectaculares e divertidos experimentos, os cales nos amosarán,
e cos que sen dúbida despertarán a curiosidade e imaxinación
de tódolos presentes.
|