idioma: |

GRANDE ÉXITO DA PAELLA XIGANTE DAS FESTAS DE SAN ANTON EN AREA CENTRAL

Santiago, 14 de Xuño de 2006 . O pasado sábado día 10 de Xuño, co motivo da celebración das Festas na Honra de San Antón elaborouse na Praza de Europa unha paella xigante á que acudiron centos de persoas.
A elaboración da espectacular paella, polo coñecido chef compostelán Miguel González Aguiar, do Restaurante Algueirada de Santa Lucía, comezou entorno ás 8 da tarde, e para a súa elaboración utilizáronse preto de 1.000 Kg de diferentes ingredientes, empleándose máis de 300 Kg de arroz, 200 Kg. de mexillóns, 100 Kg. de polo, 100 Kg. de coello ou 50 litros de aceite de oliva, por mencionar algúns dos ingredientes máis destacados.
Xa dende primeira hora, foron moitos os que se achegaron á Praza de Europa para seguir paso a paso a elaboración de tan exquisito prato, formándose longas colas á hora da súa degustación.


area central centro comercial 2006