POR SEGUNDO ANO A EDITORIAL
SOTELO BLANCO COLABORA CON AREA CENTRAL NA PROMOCION DA LITERATURA INFANTIL
EN GALEGO
Santiago,
14 de Setembro de 2006. Por segundo ano consecutivo, e dentro
da campaña “Volta ó Cole”, Area Central contará
coa colaboración da Editorial Sotelo Blanco ca fin de promocionar
a literatura infantil en galego.
Dentro da programación especialmente preparada para a ocasión,
os cativos poderán participar en obradoiros interactivos de lectura,
nos que este ano se contarán as historias de “Uxía
e os pillabáns”, colección de contos escritos por
Luís Ben.
Asimesmo, e como xa sucedeu o ano pasado, a Editorial Sotelo Blanco
cederá lotes de libros cos que se agasallarán os cativos
participantes nos obradoiros.
|