idioma: |

AREA CENTRAL ACOLLE O PRIMEIRO DOS DESFILES DA CAMPAÑA “VOLTA Ó COLE”

Santiago, 19 de Setembro de 2006. Este sábado día 23, ás 7:30 da tarde, comezan os desfiles da campaña “Volta ó Cole”, nos que os máis pequenos da casa amosaránnos as novas propostas que para esta tempada ofrecen os establecementos de Area Central.

Neste primeiro desfile ensinarán as súas novidades en moda e complementos PIO-PIO, CENTRO DEPORTIVO, TRASTES e MERCERÍA CARMEN.

Asimesmo, dende as 6:00 da tarde, tódolos rapaces que se acheguen a Area Central, disfrutarán dunha tarde chea de música e diversión, onde poderán participar nos obradoiros de animación á lectura, sendo obsequiados con libros. Os máis atrevidos contarán cun obradoiro de maquillaxe, onde poderán caracterizarse das súas personaxes favoritas.

 

area central centro comercial 2006