idioma: |

CONTINUAN OS DESFILES DE MODA INFANTIL EN AREA CENTRAL

Santiago, 25 de Setembro de 2006. O segundo dos desfiles de moda infantil da campaña “Volta ó Cole” celebrarase o vindeiro sábado día 30 ás 7:30 da tarde.

Os máis pequenos da casa amosarán esta vez as propostas que para a nova tempada ofrecen ALCAMPO, SURF FACTORY e CASÁS.

Ademáis, dende as 6:00 da tarde, contaremos unha vez máis cun sinfín de xogos e música, así, tódolos cativos que se acheguen a Area Central terán a oportunidade de levarse para as súa casas algún dos libros cos que se obsequiará ós rapaces participantes nos obradoiros de lectura, ou as inxeniosas figuras que elaboren no obradoiro de globoflexia.

 

area central centro comercial 2006