idioma: |

EXPOSICION DO CERAMISTA JOSE MANUEL RODRIGUEZ COSTAS EN AREA CENTRAL.

Santiago, 28 de Setembro de 2006. . Dende hoxe xoves 28 de Setembro, e ata o vindeiro domingo 8 de Outubro, as rúas de Area Central acollen unha exposición do ceramista José Manuel Rodríguez Costas.

A mostra fórmana un total de doce pezas que o artista realizou entre os anos 1999 e 2006, combinando nalgunhas varias clases de arxilas e materiais non cerámicos.

Segundo as súa propias palabras: “con elas trato de reflectir basicamente a miña preocupación polo comportamento da xente, tanto no ambito ecolóxico como xeopolítico, pasando por aspectos inherentes á vida.

A maioría das obras que se expoñen, son unha incisiva crítica social, co obxecto de que deixemos de vernos o embigo, e aprendamos a observar todo o que nos rodea para valoralo e procurar a súa conservación, posto que aínda dispoñendo dos medios, parece faltar a vontade de aplicalos, posiblemente secuestrada por outros intereses.

Os meus traballos, en contra do que pudiese parecer, non parten dunha convicción derrotista ou catastrofista, pois creo que aínda está nas nosas mans o invertir o proceso de deterioración ambiental. Entendo a miña obra como unha chamada de atención á conciencia colectiva, posto que cada un de nós é responsable do futuro e calidade de vida que deixemos aos nosos fillos”.


 

area central centro comercial 2006