EBONY ABRE AS SUAS PORTAS
EN AREA CENTRAL.
Santiago,
28 de Setembro de 2006. .En datas recentes, unha nova firma
abriu as súas portas en Area Central. Ebony, que así se
chama o novo establecemento está especializado en todo tipo de
complementos de moda, onde se poderán atopar as últimas
novidades para estar sempre á moda.
Ebony está instalado no local 17-F-2 da planta baixa do Centro
Comercial (esquina vermella), enfronte a sala de xogos, e completa así
a oferta xa existente en Area Central.
|