idioma: |

AREA CENTRAL ACOLLE UNHA NOVA CAMPAÑA DE SEGURIDADE VIAL E REVISIÓN GRATUITA DE VEHÍCULOS

Santiago, 6 de Outubro de 2006. Por segundo ano consecutivo Area Central colabora con Mapfre Automóbiles na Campaña de Seguridade Vial. Os días 9, 10, e 11 de Outubro, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00, e o día 13 de Outubro en horario de 9:00 a 14:00, Mapfre Automóviles instalará unha unidade de diagnose fronte á entrada do Hotel Area Central (zona acceso Rúa París).

Durante os citados días, unha azafata repartirá entre os clientes do Centro Comercial un folleto co cal poderán presentarse ante a citada unidade de diagnose, para que os técnicos especializados de Mapfre efectúen unha Revisión Técnica dos seus automóbiles sobre os seguintes elementos de seguridade:

-Dirección
-Rodas
-Análise do líquido de freos e anticonxelante
-Luces e sistema eléctrico

Protección Medioambiental
-Control emisión gases

Protección de roubo
-Grabación de lunetas

Unha vez efectuada a revisión, entregarase un Boletín coas deficiencias detectadas, para que cada cliente poida correxilas no seu taller habitual.




 

area central centro comercial 2006