GRAN FESTA INFANTIL DE
OUTONO EN AREA CENTRAL
Santiago,
10 de Outubro de 2006. O vindeiro sábado día
14 de Outubro, a partires das 6:30 da tarde, comezará en Area
Central unha divertida FESTA DE OUTONO, coa que o Centro Comercial da
a benvida á nova estación.
Os máis pequenos da casa poderán disfrutar dunha tarde
chea de música, xogos e moita diversión. Contaremos cunha
mini-feria, na que os rapaces terán que superar os diferentes
xogos para poder pasar ó seguinte e así poder completar
o percorrido ata chegar ó final. Os que o prefiran, poden achegarse
ós obradoiros, nos que poderán confeccionar títeres
con calcetín para logo crear as súas propias historias,
ou ben realizar uns simpáticos bonecos articulados.
|