idioma: |

AREA CENTRAL ACOLLE A EXPOSICIÓN “8 OBXECTIVOS EN XOGO”

Santiago, 13 de Outubro de 2006.Dende hoxe, venres día 13 de Outubro, e ata o mércores día 25 de Outubro, as rúas de Area Central acollerán a exposición “8 OBXECTIVOS EN XOGO”, organizada por Cruz Vermella Española.

A exposición, que xira en torno ó popular xogo da raivela, pretende informar e sensibilizar á poboación sobre as medidas e accións que é posible levar a cabo para lograr cumprir os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio fixados para antes do 2015, tales como erradicar a pobreza extrema e a fame, lograr o ensino primario universal, promover a igualdade entre os sexos e a autonomía da muller, reducir a mortalidade infantil, mellorar a saúde materna, combater o VIH/SIDA o paludismo e outras enfermidades, garantir a sensibilidade do medioambiente e fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento.

Na mostra tamén se poden ver os esforzos que realiza tanto Cruz Vermella Española como a Axencia Española de Cooperación Internacional para contribuír a lograr esas metas a través dos proxectos de cooperación ó desenvolvemento en diferentes países do mundo.


 

 

area central centro comercial 2006