idioma: |

AREA CENTRAL PRESENTA A PROGRAMACIÓN DO SEU 13 ANIVERSARIO

Santiago, 24 de Outubro de 2006.Santiago, 24 de Outubro de 2006. O xerente de Area Central D. Juan Carlos Losada presentou hoxe 24 de Outubro en rolda de prensa os diversos medios de comunicación a programación do 13º Aniversario de Area Central onde destacan a multiplicidade de actividades lúdicas para toda a familia e as dúas exposicións que encherán as rúas de Area Central de cultura e emocións.
Así este venres a partires das 10 da mañá e ata o domingo 12 de Novembro os clientes e visitantes do complexo xa poderán contemplar a primeira das exposicións chamada “Motos do Mundo” na que diferentes modelos de motos e motocicletas provintes de tan diferentes paises coma Francia, Inglaterra, Alemania ou os Estados Unidos da América serán expostas en diferentes zonas do complexo.
O sábado 28 a partir das 6 da tarde darán comezo os diferentes xogos, obradoiros e espectáculos que a bon seguro non deixarán a ninguén indiferente e nos que tódolos menbros da familia poderán participar ata ben entrada a noite.
Xa o martes 31 de Outubro será presentada unha vova exposición da man do coñecido escultor “Ramón Conde” denominada “Matriarcado”, espectacular exposición que reflicte o poder e a capacidade amatoria dunha gran dama de calqueira época.
Tódalas actividades de animación, xogos e espectáculos musicais levaránse a cabo os dias sábado 28 de Outubro, o mércores 1 de Novembro (festivo de apertura comercial), e o venres 3 e sábado 4 deste mesmo mes, permanecendo as exposicións ata o domingo 12.
No apartado de programación mensual poderán consultar toda a programación do 13º aniversario de Area Central de forma detallada.

 

area central centro comercial 2006