idioma: |

OS CLIENTES DE AREA CENTRAL PODERÁN ELIXIR OS EVENTOS E AS ACTIVIDADES DO MESMO

Santiago, 25 de Outubro de 2006.A xerencia de Area Central presentou xunto cas actividades do aniversario unha iniciativa pioneira no sector das entidades comerciais galegas consistente na posibilidade de que os clientes do Centro Comercial poidan elixir os eventos e actividades do mesmo para este Nadal e o vindeiro ano 2.007.

De este xeito, e coincidindo coas datas do 13º aniversario do complexo, porase en marcha unha campaña de enquisas entre tódolos clientes, pero prestando especial atención os pais e avós que a cotio constituen a principal base clientelar do Centro Comercial.

O obxectivo da campaña non só será coñecer de primeira man as preferenzas dos clientes por un determinado tipo de actividades ou outras, senón tamén outros aspectos coma por exemplo os mellores dias e horarios para levalas a cabo ou coñecer o grao de satisfacción sobre as actividades ata o de agora desenroladas.

O resultado das enquisas unha vez tabulados e contrastados os resutados obtidos, será aplicado a campaña de actividades correspondende o Nadal 2006 e a programación do vindeiro ano 2007.

 

 

area central centro comercial 2006