idioma: |

PAPÁ NOEL TÓDOLOS DIAS EN AREA CENTRAL.

Santiago, 27 de Novembro de 2.006. "Papá Noel" estará en "Area Central" tódolos días fronte a cabina de información do Centro Comercial a partires das 6 da tarde e ata o 24 de Decembro, dia de Noiteboa inclusive. Xa dende este Xoves 23 de Novembro "Papá Noel" fixo en Area Central as delicias dos mais cativos, repartindo doces e sorisos por todos aqueles que se acercaron polo seu trono situado xunto a cabina de información do Centro, na porta este do complexo perto da rúa París.

area central centro comercial 2006