![]() |
|
|
|
|||||||||||||||
AROUSA NORTE EN AREA CENTRAL
Arousa Norte porá en marcha esta semana a campaña ideada para desestacionalizar o turismo, é dicir, para conseguir que a comarca se converta nun destino preferente ao longo do período invernal.
Valladolid, no marco de Intur (Feira Internacional de Turismo) e Área Central en Santiago de Compostela serán os primeiros lugares nos que a Mancomunidade dea a coñecer o material editado recentemente baixo o lema A intensidade do tempo nas túas mans.
Búscase animar á xente a que aproveite ao máximo os poucos días de lecer que soe ter na tempada invernal.
Buscamos que as numerosas persoas que cada ano se achegan a Santiago, independentemente da época, dean un paso máis e se acheguen ata Barbanza. Queremos que Arousa Norte sexa o mar de Compostela.
|
|
|