idioma: |

MULTIPLES ACTIVIDADES DURANTE TODA A SEMANA EN AREA CENTRAL.

Santiago, 4 de decembro de 2006. Rocódromo, Atack, música, obradoiros, teatro, festas e por suposto a visita de Papá Noel na antesala da semana grande de Area Central.
Non faltará absolutamente nada nos vindeiros dias nas rúas do complexo comercial. Haberá actividades tódolos dias, de forma especial dende o Xoves 7 ata o Domingo 10 entre as 18 e as 21 horas. Ademáis dende o sábado 9 os establecementos comerciais entregarán rifas por cada compra superior ós 5 euros para o sorteo especial de 100 cestas de Nadal que se celebrará o vindeiro Sábado 16 e Domingo 17 de Decembro ás 19 horas. Todas as actividades de este Nadal en Area Central poden ser consultadas na programación mensual.

area central centro comercial 2006