O ROCÓDROMO PON
A PROBA AOS MÁIS OSADOS EN ÁREA CENTRAL
Santiago,
7 de decembro de 2006. . Dentro das diferentes actividades
do Nadal e ao longo de catro días, Área Central pon a
disposición dos máis osados a posibilidade de disfrutar
todas as tardes coa atracción “The Rock”: un rocódromo
automático no que os participantes simularán unha escalada.
Ademais, o complexo comercial conta ata o vindeiro domingo co “Attack”,
un divertido xogo que pon a proba os reflexos dos rapaces, que deben
apagar as luces que se van encendendo nun panel. Todo isto sen esquecer
a Papa Noel, que visita todas as tardes Área Central para escoitar
as peticións dos máis pequenos, ademais das actuacións
musicais e festas que se levarán a cabo este fin de semana.
Todas as actividades de este Nadal en Área Central poden consultarse
na programación mensual.
|