idioma: |

MACRO SORTEO DE 100 CESTAS DE NADAL EN ÁREA CENTRAL

Santiago, 11 de decembro de 2006. . Área Central acolle o vindeiro sábado 16 e domingo 17 a celebración do xa tradicional macro sorteo de 100 cestas de Nadal cada día. Varios Papá Noeles encargaranse de conducir o sorteo, que estará amenizado cun gran espectáculo musical. As rifas repartiranse ao longo desta semana entre os clientes de calquera dos establecementos do complexo comercial adscritos a esta promoción. As bases do sorteo poden consultarse nesta páxina web ou na cabina de información de Área Central.

Ademais, Área Central continúa a celebrar a festa de Nadal durante toda a semana coa visita polas tardes de Papá Noel. O venres 15 animadores caracterizados de personaxes coñecidos farán as delicias dos máis cativos facendo globoflexia e repartindo doces. Celebrase tamén un obradoiro para que os nenos aprendan a elaborar marcapáxinas e tarxetas de Papa Noel e terá lugar unha actuación musical que amenizará a tarde dos clientes e visitantes de Área Central.

Todas as actividades de este Nadal en Área Central poden consultarse na programación mensual


area central centro comercial 2006