idioma: |

MOITAS SORPRESAS EN ÁREA CENTRAL NA SEMANA GRANDE DO NADAL

Santiago, 19 de decembro de 2006. . Área Central celebra a chegada da semana grande do Nadal con múltiples e variadas actividades, que se desenvolverán ao longo de estes días. Papá Noel continuará a súa visita ao complezo comercial todas as tardes ata o vindeiro domingo, día de Noiteboa, para que os pequenos da casa poidan dirixirlle persoalmente as súas peticións.
Ademais, o venres 22 Área Central acolle o obradoiro “Ciencia Divertida”, no que os cativos aprenderán a facer diversos experimentos científicos, para que poidan coñecer o mundo da ciencia dun xeito ameno e entretido. Tamén o venres unha actuación musical fará disfrutar aos visitantes e clientes de Área Central.
O sábado 23, animadores caracterizados de diferentes personaxes percorrerán o centro comercial repartindo doces e convidando aos cativos a participar na divertida festa Disney e nun gran espectáculo musical.
Área Central recorda que o día 24 os establecementos pecharán ás 20.00 horas.

Todas as actividades deste Nadal en Área Central poden consultarse na programación mensual


area central centro comercial 2006