ÁREA CENTRAL CELEBRA
O FIN DE ANO POR TODO O ALTO
Santiago,
25 de decembro de 2006. . Área Central quere despedir
o ano 2006 con infinidade de actividades ao longo de toda esta semana,
que farán disfrutar a todos os públicos. Paiasos, malabaristas,
expertos en globoflexia, unha actuación de maxia e a obra Un
mundo de diversión do grupo de teatro “Duende Sico”
forman o menú especial desta semana para que os pequenos da casa
o pasen en grande no seu Centro Comercial.
Ademais, para amenizar a compra e o paseo dos nosos clientes, tanto
na tarde do venres 29 como na do sábado 30, Área Central
acolle a actuación de música jazz de Álvaro Trío.
Dándolle a benvida ao ano novo, a partir do martes 2 e ata a
xoves 5, os Reis Magos cos seus paxes reais visitarán Área
Central todas as tardes para repartir doces entre os nenos e que estos
poidan entregarlles en man as súas cartas.
Área Central recorda que o domingo día 31 os establecementos
pecharán ás 20.00 horas.
Todas as actividades deste Nadal en Área Central poden consultarse
na programación mensual
|