idioma: |

OBRADOIROS PARA CONCIENCIAR AOS RAPACES EN ÁREA CENTRAL

Santiago, 12 de xaneiro de 2007. Área Central acolle mañá, sábado 13, a primeira xornada dos obradoiros “Obxectivo 2015”, dentro da campaña de sensibilización que está a levar a cabo a ONG Xóvenes do Terceio Mundo no Complexo Comercial e que pretende concienciar á poboación sobre a necesidade de dar solución a problemas mundiais sobre os dereitos humanos, saúde, educación e pobreza.

A partir das 18.00 horas, os pequenos da casa poderán disfrutar destes obradoiros nos que elaborarán cadros de area de cores, a partir de debuxos que versarán sobre a temática desta campaña. Esta actividade para os pequenos complementa á mostra “Obxectivo 2015: Campaña de sensibilización sobre os obxectivos de desenvolvemento de milenio”, que dende este mércores, día 10, está instalada en Área Central.

Os visitantes do Complexo Comercial poderán contemplar, ata o sábado 20, esta exposición composta por catro paneis que resumen os oito obxectivos que acordaron cumprir os países da ONU entre os anos 2000 e 2015 para a construcción dun mundo máis xusto e solidario.

Todas as actividades de xaneiro en Área Central poden consultarse na programación mensual.


area central centro comercial 2007