![]() |
|
|
|
||||||||||||||||
SOL&SOL AMPLÍA A SÚA OFERTA E OFRECE SERVIZO DE PERRUQUERÍASantiago, 17 de xaneiro de 2007. O establecemento Sol&Sol, situado na esquina verde da planta primeira de Área Central, vén de ampliar a súa oferta para os seus clientes e dende esta semana ofrece servizo de perruquería para homes e mulleres. Con esta ampliación de prestacións, os usuarios de Sol&Sol poderán recibir un tratamento integral e completo de beleza nun so establecemento. Este novo servizo de perruquería en Sol&Sol para ambos sexos
únese á oferta en estética que xa viña ofrecendo
aos seus clientes. Sol&Sol conta cun centro de bronceado especializado
e equipado coa última tecnoloxía en cabinas verticais,
ligado á profesionalidade dos traballadores que se encargan de
aconsellar o mellor tratamento de beleza para cada persoa.
|
|
|