idioma: |

ÚLTIMA XORNADA DOS OBRADOIROS “OBXECTIVO 2015” EN ÁREA CENTRAL

Santiago, 19 de xaneiro de 2007. Área Central acolle mañá, sábado 20, a última xornada dos obradoiros “Obxectivo 2015”, tras a celebración o pasado sábado da primeira xornada destes e nos que participaron decenas de nenos. Estes obradoiros forman parte da campaña de sensibilización que leva a cabo a ONG Jóvenes do Terceiro Mundo no Complexo Comercial, que pretende concienciar á poboación sobre problemas mundiais relacionados cos dereitos humanos, saúde, educación e pobreza.

Dende as 18.00 horas e durante dúas horas, os pequenos disfrutarán un día máis destes obradoiros interculturais, nos que, a través da elaboración de debuxos con area de cores se aproximarán a outras realidades sociais. Os debuxos versarán sobre instrumentos musicais, vestimentas e vivendas típicas do Terceiro Mundo, especialmente de África.

Esta actividade para os nenos complementa á exposición “Obxectivo 2015: Campaña de sensibilización sobre os obxectivos de desenvolvemento de milenio”, que se clausura mañá, sábado 20. Esta mostra, que despertou un grande interese entre os visitantes do Complexo Comercial dende o mércores 10, día no que se instalou, está composta por catro paneis que recollen os oito obxectivos que acordaron cumprir os países da ONU entre 2000 e 2015 para acadar un mundo máis xusto.

 

 

area central centro comercial 2007