idioma: |

ÁREA CENTRAL ACOLLERÁ POR SEGUNDO ANO O FORO DE ONGs

Santiago, 21 de xaneiro de 2007. Este sábado, día 27, Área Central será a sede do VIII Foro de ONGs, evento no que se darán cita máis de 25 asociacións e que promove o encontro destas, así como a difusión dos seus proxectos. Será a segundo ano consecutivo que Área Central acolla este foro, organizado polo Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago de Compostela, en colaboración co Complexo Comercial.

Dende ás 11.00 ata ás 20.00 horas desenvolveranse varias actividades para todos os públicos, entre as que destacan actuacións musicais, contacontos, obradoiros e chocolate solidario. Ao acto de inauguración, que terá lugar ás 13.30 horas, acudirán o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, acompañados polo xerente de Área Central, Juan Carlos Losada.

As organizacións que están previstas que acudan a Área Central para participar nesta nova edición do Foro de ONGs son as seguintes: AIS O Peto, Amarante, Amigos da Terra – Galicia Xuventude, Arquitectos Sen Fronteiras, Asemblea de Cooperación Pola Paz, Axuda en Acción, Bicis pola Paz, Cáritas, Coopera, Coordinadora Galega de ONG, Cruz Vermella, Entreculturas – Fe e Alegría, Enxeñería Sen Fronteiras, Farmacéuticos Mundi, Foro de Inmigración de Santiago, Fundación Rokpa, Implicadas/os no desenvolvemento, InteRed, Intermon Oxfam, Jóvenes del Tercer Mundo, Manos Unidas, Médicos do Mundo Galicia, Médicos Sen Fronteiras, Panxea Asociación de Comercio Xusto, Seminario Galego de Educación para a Paz e Terra de Homes.

Velaquí o programa do VIII Foro de ONGs:

11.00 horas – Apertura do espazo solidario: acondicionamento da zona de presentación de experiencias e postos informativos.
12.15 horas – Contacontos solidarios, a cargo do colectivo Bicis pola Paz.
12.30 horas – Chocolate solidario. Colabora Panxea Asociación de Comercio Xusto.
13.00 horas – Concerto da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela.
13.30 horas – Lectura do Manifesto por María Reimóndez e acto institucional.
18.30 horas – Contacontos solidarios, a cargo do colectivo Bicis pola Paz. Obradoiro de xogos cooperativos, a cargo do Seminario Galego de Educación para a Paz.
19.00 horas – Actuación grupo musical.
20.00 horas – Clausura das actividades.

area central centro comercial 2007