idioma: |

XA TE PODES APUNTAR NOS CONCURSOS DO ENTROIDO DE ÁREA CENTRAL

Santiago, 2 de febreiro de 2007. Xa está aberto o prazo para inscribirse nos dous certames que organiza Área Central para conmemorar o Entroido: o VIII Concurso da Filloa e Orella, organizado en colaboración con El Correo Gallego e Radio Obradoiro e que terá lugar o venres 16 ás 19.00 horas na planta primeira; e o Concurso infantil de disfraces, que se celebrará o sábado 17 de febreiro ás 18.00 horas no escenario principal. Deste xeito, Área Central convida a todos os visitantes e clientes do Complexo a celebrar conxuntamente estas datas.

Como nos anteriores anos, o Concurso da Filloa e Orella establece nas súas bases dúas categorías -filloas e orellas- e, dentro destas, premiaranse cun trofeo e cun agasallo a filloa máis orixinal, a filloa máis saborosa e a mellor orella. Ademais, todos os participantes recibirán o seu agasallo. O prazo de inscrición remata ás 22.00 horas do xoves 15 de febreiro.

Os rapaces tamén disfrutarán do Entroido en Área Central co Concurso infantil de disfraces o sábado 17 dende as 18.00 horas. As bases establecen tres categorías: individual alevín (ata 8 anos); individual infantil (de 9 a 12 anos) e de grupo (ata 12 anos). Os mellores traxes recibirán grandes agasallos no transcurso dun divertido espectáculo musical. Os interesados pódense inscribir na cabina de información de Área Central ata tres horas antes do inicio do concurso.

 

 

area central centro comercial 2007