idioma: |
 

BASES CONCURSO DE DISFRACES
DO CENTRO COMERCIAL AREA CENTRAL

1. O concurso terá lugar o sábado 17 de febreiro ás 18:00 h., no escenario principal do Centro Comercial.

2. Establécense tres categorías cos requisitos mínimos de participación que a continuación se indican:
*INDIVIDUAL ALEVÍN – Ata 8 anos
*INDIVIDUAL INFANTIL – De 9 a 12 anos
*DE GRUPO – Ata 12 anos
A categoría de grupo estará condicionada á inscripción de, alomenos, tres conxuntos de participantes, de xeito que, no caso de non acadarse este mínimo, dita categoría sería eliminada de concurso.

3. Para participar no concurso é necesario inscribirse. Dita inscripción realizarase na cabina de información do Centro Comercial Area Central ou no teléfono 981 560 845 de luns a venres en horario de 16:00 h. a 22:00 h. e sábado de 10:00 a 22:00 h.; e será válida ata as tres horas antes do inicio do concurso. Ata as 18:00 horas do venres 16 de febreiro poderase formalizar tamén a inscripción enviando nome/s, idade/s, disfraz (indicando se é individual ou de grupo) e número de contacto á dirección de correo electrónico marketing@acentral.com.

4. O día do concurso entregarase a cada participante un número de participación que deberá levar consigo no transcurso do mesmo. O número poderase recoller dende as 15:00 h. ata as 18:00 h. no escenario principal donde se realizará o concurso.

5. Os premios por categoría serán:
Individual Alevín
1º premio Videoconsola NINTENDO DS
2º premio Videoconsola Game Boy Micro
3º premio Un reproductor de MP4
4º premio Reproductor de CD portátil
Individual Infantil
1º premio Videoconsola PSP
2º premio Un aparato de música
De Grupo
1º premio Unha MERENDA

6. En ningún momento os premios se poderán canxear por cartos.

7. O xurado compoñerase de membros pertencentes ou designados polo Centro Comercial Area Central. O fallo do xurado será inapelable.

8. As bases do concurso están expostas na cabina de información do Centro Comercial e na web www.areacentral.es

9. A organización resérvase o dereito a solucionar calquera conflicto que puidera derivar da súa interpretación.

10. A participación neste concurso supón a aceptación implícita destas bases.

 

 

 

area central centro comercial 2007