OBRADOIROS PARA ESPERTAR
A CREATIVIDADE EN ÁREA CENTRAL
Santiago
6 de febreiro de 2007. Na tarde do vindeiro sábado,
día 10, Área Central acollerá unha sesión
de obradoiros para que os rapaces poidan disfrutar e, ao mesmo tempo,
pór en funcionamento a súa imaxinación e creatividade.
A partires das 18.00 horas na esquina verde da planta primeira, celebraranse
estes obradoiros nos que os nenos poderán elixir que facer: elaborar
esculturas, coñecer novas técnicas de pintura ou pasar
unha boa tarde realizando paisaxes de cores co emprego de flores secas,
legumes ou plastilina.
Todas as actividades de febreiro en Área Central poden consultarse
na programación mensual.
|