idioma: |

¡VÉN A CELEBRAR O ENTROIDO A ÁREA CENTRAL!

Santiago 15 de febreiro de 2007. – Un ano máis, Área Central quere celebrar as festas do Entroido por todo o alto. Este venres 16, ás 19.00 horas, terá lugar o VIII Concurso da Filloa e Orella, no que todos os concursantes teñen asegurados un agasallo; e o sábado 17, a partir das 18.00 horas, celebrarase o Concurso Infantil de Disfraces. No transcurso dun gran espectáculo musical, os nenos que teñan os traxes máis orixinais e vistosos levaranse como premio o último en videoconsolas e aparellos de música. Consulte as bases para coñecer as normas do concurso e os agasallos que se levarán os vencedores.

O luns 19, Área Central pechará a celebración do Entroido coa acollida dun baile de disfraces ás 18.00 horas na planta primeira, para que os pequenos da casa disfruten dunha tarde chea de boa música e diversión garantizada.

Todas as actividades de febreiro en Área Central poden consultarse na programación mensual.

 

 

 

 

area central centro comercial 2007