idioma: |

CASE 150 NENOS PARTICIPARON NO CONCURSO DE DISFRACES DE ÁREA CENTRAL

Santiago 19 de febreiro de 2007. – Un total de 147 rapaces participaron este sábado 17 no Concurso Infantil de Disfraces organizado por Área Central. O número de inscritos no certame de Área Central case duplica as cifras de participación rexistradas noutros concursos similares, como o organizado polo propio Concello de Santiago.
O desfile comezou ás seis da tarde pero dende unhas horas antes moitos rapaces acudiron ao escenario principal de Área Central, que acolleu o certame, para recoller o seu número de participación. Outros aproveitaron que o prazo de inscripción estaba aínda aberto para apuntarse e poder optar así aos premios que o Complexo Comercial regalou aos traxes máis orixinais e vistosos. Velaquí os gañadores nas tres categorías:

Individual Alevín:
1º Premio: Antena Parabólica (David Cervo).
2º Premio: Sevillana das Chapas (Carla Fernández).
3º Premio: Ovo Kinder (Simón Carril).
4º Premio: Moucho Sabio (Daniel Iglesias).

Individual Infantil:
1º Premio: Mesa de Entroido (Iago Giraldo).
2º Premio: Flautista de Hamelín (Andrea Iglesias).

De Grupo:
1º Premio: Os Peliqueiros.
Premio especial: Os Comecaldos.

O desfile celebrouse no transcurso dun gran espectáculo onde non faltou a música e as coregorafías a cargo de varios animadores que fixeron que os rapaces disfrutaran ao máximo do sábado de Entroido, en Área Central.

area central centro comercial 2007