idioma: |

EXHIBICIÓNS DE PATINAXE EXTREMO EN ÁREA CENTRAL

Santiago 21 de febreiro de 2007. Os visitantes de Área Central poderán disfrutar este fin de semana con varias demostracións de patinaxe extremo. O venres 23, ás 19.00 horas, e o sábado 24, dende ás 18.00 horas e en dobre sesión, un patinador encargarase de efectuar viravoltas arriscadas e perigosas baixadas por unha varanda de doce metros de longo, poñendo a proba o seu equilibrio e soltura no emprego dos patíns.
A actividade contén un elevado nivel de risco para o deportista, que ao longo de cada actuación irá aumentando o grado de dificultade das piruetas. Atracción, impacto e vistosidade únense neste evento que promete deixar coa boca aberta aos seus espectadores.

Todas as actividades de febreiro en Área Central poden consultarse na programación mensual.

 

 

 

 

area central centro comercial 2007