idioma: |

RYANAIR REGALA 200 VIAXES A INGLATERRA EN ÁREA CENTRAL

Santiago 23 de febreiro de 2007. Este luns 26 , a compañía aérea Ryanair celebrará a inauguración da súa nova ruta Santiago de Compostela – Nottingham, regalando viaxes (taxas non incluidas) a esta cidade inglesa ou a Liverpool ás primeiras 200 persoas que dende ás 12.00 horas acudan ao posto da aerolínea, que se instalará en Área Central.
Para adquirir os billetes, cada persoa deberá presentarse no Complexo Comercial cunha pancarta na que reflexe a súa ledicia por que Ryanair traia a Galicia as tarifas máis baixas en voos europeos.
As primeiras 200 persoas que acudan ao posto recibirán un bono para viaxar gratis a Nottingham ou Liverpool cun acompañante, debendo aboar únicamente as taxas aeroportuarias (42,90€ por persoa ida e volta).

 

 

 

 

area central centro comercial 2007