EXITAZO DA PROMOCIÓN
DE RYANAIR EN ÁREA CENTRAL
Santiago
26 de febreiro de 2007. A promoción que este luns 26
levou a cabo a compañía aérea Ryanair en Área
Central soamente se pode calificar de “exitazo”. A aerolínea
repartiu 200 billetes gratis (taxas non incluidas) para viaxar a Nottingham
ou Liverpool. Os interesados debían presentarse a partir das
12.00 horas no posto de Ryanair instalado en Área Central, portando
unha pancarta ou cartel no que se alabase o traballo de Ryanair por
traer a Galicia unhas tarifas moi baixas en voos europeos.
Xa dende as 10.00 horas, moitas persoas paseaban polos pasillos de Área
Central buscando o posto da compañía aérea para
facer cola e asegurarse así o seu viaxe gratis a unha das dúas
cidades inglesas. Deste xeito, ao longo da mañá ata o
mediodía, moitas persoas fóronse congregando no lugar
indicado para recoller os seus billetes, así como medios de comunicación,
que quixeron inmortalizar a longa fila composta polos futuros viaxeiros
e recoller as orixinais frases que portaban os seus carteis.
|