idioma: |

¡XOGA GRATIS EN ÁREA CENTRAL COA CONSOLA WII DE NINTENDO!

Santiago 28 de febreiro de 2007. – Dende esta semana e ata o vindeiro domingo, 11 de marzo, todos os visitantes de Área Central terán a oportunidade de xogar de xeito totalmente gratuito coa nova consola Wii de Nintendo. O horario de funcionamento da Wii será de luns a venres, de 12.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 22.00 horas, e os fins de semana, de 10.00 a 22.00 horas ininterrumpidamente.
A videoconsola estará situada na esquina vermella do complexo comercial para que toda a familia, nenos e adultos, poidan probar esta novedosa videoconsola, que funciona con mandos de control remoto sensibles ao movemento do xogador. A xente poderá utilizar este mando parecido ao da televisión como unha raqueta, un palo de golf ou unha batuta.
Poderán xogar á vez oito persoas, xa que se instalarán catro grandes pantallas de plasma, para que os xogadores disfruten ao máximo con esta consola de terceira xeración. Varios monitores adicaranse a explicar o mecanismo do videoxogo aos interesados.

area central centro comercial 2007