idioma: |

OS AFICIONADOS Á PESCA TEÑEN UNHA CITA EN ÁREA CENTRAL

Santiago, 12 de marzo de 2007 – Os amantes da pesca teñen unha cita os vindeiros días venres 16 e sábado 17 en Área Central, onde se celebrarán as xornadas técnicas “A actualidade da pesca en Galicia”, organizadas polo establecemento Náutica Pérez, en colaboración co complexo comercial. Ao longo de dous días, Área Central reunirá aos apasionados deste deporte para analizar o seu presente e os factores que inflúen nel: os ríos e o seu entorno e as cualidades dun bo pescador.
O sábado 17, a partir das 17.00 horas, na esquina verde da planta primeira de Área Central levaranse a cabo exhibicións nas que varios monitores explicarán ao público as particulares da pesca con mosca e farán varias demostracións da súa práctica.
As xornadas de pesca complétanse con dúas conferencias a cargo de pescadores procedentes de toda Galicia. O venres 16, ás 20.00 horas, celebrarase a charla “O pescador e a pesca” e o sábado 17, a partir da mesma hora, terá lugar a conferencia “Os ríos e o seu entorno”. O lugar de celebración dos dous actos será a sala de xuntas de Área Central.

 

 

 

 

area central centro comercial 2007