ÁREA CENTRAL CELEBRA
O DÍA DO PAI CON FESTAS E OBRADOIRO
Santiago
12 de Marzo de 2007. –En conmemoración polo día
do pai, que se celebra o vindeiro luns, o sábado 17, a partir
das 18.00 horas, a esquina amarela da planta primeira de Área
Central acollerá unha gran festa infantil, con moitos xogos e
animacións. Ademais terán lugar uns obradoiros, nos que
os rapaces elaborarán coas súas propias mans os agasallos
para os seus pais.
Os pequenos terán a oportunidade de elixir que regalarlles aos
seus pais: divertidos lapiseiros ou diplomas para o mellor papá.
Todo isto amenizado con boa música e animadores para que os rapaces
o pasen ao grande en Área Central.
|